← Volver atrás

Ruibal Fraga, Silvina

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliada

Nacemento:

A Coruña

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casou en 1924 co funcionario Carlos Monasterio Valeiro; tiveron un fillo: Carlos. Veciños da Coruña. O seu home era oficial maior desde 1932 na Deputación da Coruña.

Carlos Monasterio foi secretario no ano 1922 das Irmandades da Fala da Coruña, vogal da Asociación de Pais de Familia para a defensa da ensinanza laica, dirixente do Círculo de Artesáns e membro do Seminario de Estudos Sociais Germinal. Militou no Partido Republicano Galego (PRG) e na Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), deixando a política por desacordos con Santiago Casares Quiroga por mor da autonomía e co que traballara como secretario particular.

Exiliada.

Despois do levantamento rebelde o seu home escondeuse en Sobrado dos Monxes (A Coruña), detivérono e encarcerárono despois de conmutarlle a pena de morte. Coa axuda de Silvina conseguen fuxir cara Chile, vía Lisboa (Portugal).

Carlos volveu para España a mediados de 1937 para loitar no exército republicano, foi comisario político na Fronte do Aragón. Finou nun bombardeo da aviación fascista na localidade de Fraga, a finais do ano 1938.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha