Nacemento:
Morte:
Enxeñeiro, xornalista e político, 46 anos. Casou en 1917 en Sada (A Coruña) con Emilia López Correa (+1918) e logo casou en León en 1930 con Josefina de Paz del Río. Veciños da Coruña. Enxeñeiro industrial na Compañía Telefónica. En 1930 destinárono a Sevilla, foi inspector de Traballo en León, en setembro de 1935 era inspector xefe de Traballo en Pontevedra e, en abril de 1936, nomeárono inspector provincial de Traballo na Coruña.
Dirixiu na Coruña o semanario Región Gallega en 1924 e que fundara José Miñones Bernárdez. Fundou e dirixiu a revista Galicia de 1924 a 1926 e a súa continuadora Galicia Gráfica de 1926 a 1929.
Encarcerado. Depurado.
Por mor do golpe dos sublevados arrestárono e ingresárono na Prisión Provincial de Salamanca o día 21/02/1938; trasladárono á Coruña o día 28 seguinte.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 1303/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
No ano 1938 separárono de xeito definitivo do servizo como inspector de Traballo.
Interno na Prisión Provincial da Coruña, saíu en liberdade condicional en maio de 1941.
No ano 1941 tamén lle abriron un expediente de responsabilidades políticas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.