Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e sindicalista, 30 anos. Casou en 1931 polo civil con Josefa Abad Golán; tiñan unha filla e un fillo: Vida e José. Aos 20 anos emigrou a Estados Unidos para librarse de combater na guerra de África e regresou a finais dos anos vinte. Era o segundo de seis irmáns.
Militante da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Fundador e presidente do Sindicato de Oficios Varios de Sada, vencellado á CNT. Organizador en Sada de dous grupos da FAI: Luz e Nova Vida.
Fuxido. Suicidio.
Participou no mitin da Federación Local Obreira (FLO) do día 18/07/1936 na praza de touros da Coruña. Co golpe organizou, con outros, a defensa de Sada pero derrotáronos os sublevados o día 23/07/1936; durante estes feitos tivo algún altercado co alcalde Antonio Fernández Pita, que era contrario aos enfrontamentos e á requisa de armas.
A raíz do triunfo do golpe dos sublevados permaneceu dous anos agochado en varias casas en Sada, en Miño e nos illotes de Cabrón e Carboeira, fronte a Perbes e Pontedeume. Durante a súa fuxida a familia, aproveitando que eran mariñeiros, levábanlle provisións aos illotes. Enfermou nos illotes e regresou a Sada en 1938, momento no que semella que se suicida cando se veu acosado.
Morte rexistrada en Sada por mor dunha hemorraxia interna cerebral por disparo de arma de fogo.
O seu cadáver apareceu na estrada Fontán-Sada, nunha fábrica de madeira abandonada.
Soterrárono no cemiterio do camiño de Fiunchedo, en Sada.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.