← Volver atrás

Morales Díaz, Ricardo

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista. Depurado

Nacemento:

La Unión
(Murcia)
- 07/04/1874 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cartagena
(Murcia)
- 30/11/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 62 anos. Casado con Emilia Martínez Bruna; tiveron seis fillos. En 1892 ingresou na Academia Xeral Militar e, despois da disolución desta, en 1893 entra na Academia de Infantería de Toledo; no ano 1895 acada o emprego de segundo tenente. Participou nas campañas de Filipinas, onde ascendeu a capitán por méritos de guerra; preso dos tagalos, conseguiu fuxir despois de 17 meses con outros cinco militares españois, en decembro de 1899 e chegou a Barcelona en xaneiro de 1900. Comandante en 1911, tenente coronel en 1918 e coronel en 1925. En 1933 era xeneral de brigada de Infantería.

Golpista. Depurado.

Nomeárono comandante militar da praza de Ferrol (A Coruña) en 1933, cargo que desenvolve cando se produce o golpe militar e ao que se une despois dalgunhas indecisións; asume o mando provisorio da praza para os rebeldes. Ordenou tomar o Concello e a Casa do Pobo. O día 22 de xullo, ás 10:00 h, despois de que os rebeldes tiveran controlada a cidade, declarou o estado de guerra.

Participou no xuízo contra o contra-almirante xefe do Arsenal Antonio Azarola Gresillón, ao que defendeu no momento golpista por actuar dentro da legalidade vixente. Manter esta posición tivo as súas consecuencias; cesárono no seu emprego a primeiros de agosto de 1936 e trasladárono a Logroño.

En 1937 pasou á reserva e trasladárono a Jerez de la Frontera (Cádiz), onde o colle o remate da guerra.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha