Nacemento:
Morte:
Militar, 55 anos. Casado. Ingresou na Academia de Artillería de Segovia. Veterano da Guerra de Marrocos, onde acada o grao de comandante por méritos de guerra no ano 1914. En 1936 fíxose cargo da Comandancia Militar de Pontevedra. A súa familia era de orixe vasco.
Golpista.
Coronel de Regulares, xefe da Comandancia Militar de Pontevedra, uniuse ao golpe fascista e encargouse de tomar o control, entre outras, de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Con posterioridade as autoridades rebeldes, cando era coronel de Infantería, e a través do xeneral Miguel Cabanellas Ferrer, encargáronlle a creación dun servizo secreto, o que deu lugar á creación do Servizo de Información Militar (SIM), con base en Burgos. O día 05/02/1937 nomeárono gobernador militar de León e actuou coas súas forzas no sur do Principado de Asturias. Mandou a 81ª División dos franquistas na fronte de Aragón e, en 1938, a 19ª División na fronte de Estremadura.
Rematou a guerra como xeneral de brigada e en xullo de 1940 era xeneral de división e nomeárono gobernador militar de Barcelona o día 05/10/1940; despois exerceu de capitán xeneral das Illas Baleares ata 1945 e en outubro dese ano nomeárono capitán xeneral da VIII Rexión Militar.
Capitán xeneral da VIII Rexión Militar, con se na Coruña, de 1945 a 1949, ano no que pasa á reserva.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.