← Volver atrás

Naveira Carballo, Luis

Alcume: o Besugo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Betanzos
- 19/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 32 anos. Casado con Genoveva Iglesias Osorio; tiñan tres fillas e un fillo: Luisa, Jesusa, Pastor e Lourdes. Veciños da rúa Castilla, 9, en Betanzos. Tamén vive con eles o seu fillastro José Iglesias, chofer de 18 anos.

Segundo algunha testemuña era militante do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT, e segundo Jesús Lavandeira Pérez, o Ladrillo, non tiña militancia. O seu irmán Manuel si que era da CNT, ou polo menos participou activamente na folga xeral cenetista de 1933.

Fuxido. Paseado.

Enfrontouse ao levantamento rebelde nas barricadas da Ponte Nova, en Betanzos, o día 22/07/1936 e foi un dos últimos en abandonar as barricadas, segundo o Ladrillo.

Xulgado en consello de guerra co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Segundo o folleto Betanzos honra a sus mártires, detivérono os fascistas, levárono á Coruña e conducírono de volta a Betanzos, onde o pasearon.

Morte que se produce en Betanzos, asasinado na Ponte San Paio, no quilómetro 2 da estrada Betanzos-Ferrol.

A súa morte non figura no Rexistro Civil de Betanzos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha