← Volver atrás

Naveira Golán, Pilar

Alcume: Pilar da Ruca
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Denigrada

Nacemento:

Ordes
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 11/10/2009 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Casada co carpinteiro, gaiteiro e político Manuel del Río Mandayo; tiveron unha filla e tres fillos,dos que a filla e un dos fillos morreron moi novos; sobreviviron Manuel-Antonio e Leandro. Veciños de Ordes (A Coruña).

O seu home era militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) e logo do PSOE, do que foi secretario xeral en Ordes; tamén sería membro da Fronte Popular (FP) da súa localidade.

Denigrada.

Manuel formou parte do Comité de Defensa da República en Ordes, que se constitúe o 19 de xullo; detido polo falanxista O Ventorilla, conducírono ao cárcere de Ordes, onde o torturou o garda civil José Pérez Pérez. Ao seu home puxérono en busca e captura a finais de 1936.

Segundo a memoria familiar Manuel xa morrera antes, nas inmediacións do cemiterio de Boisaca, despois de que o meteran nun turismo e o pasearan o día 05/10/1936.

A Pilar rapárona os falanxistas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha