Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, gaiteiro, sindicalista e político. Casado con Pilar Naveira Golán, Pilar da Ruca; tiveron unha filla e tres fillos, dos que a filla e un dos fillos morreron moi novos; sobreviviron Manuel-Antonio e Leandro. Veciños de Ordes, onde tiña unha carpintería. Músico afeccionado, tocaba a gaita nas festas.
Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) na II República e logo do PSOE, do que foi secretario xeral en Ordes. Membro da Fronte Popular (FP) na súa localidade.
Paseado. Desaparecido.
Formou parte do Comité de Defensa da República en Ordes, que se constitúe o día 19 de xullo.
Detido dos meses despois do alzamento polo falanxista O Ventorilla, conducírono ao cárcere de Ordes, onde o torturou o garda civil José Pérez Pérez.
Posto en busca e captura a finais de outubro de 1936, cando xa finara; aínda así declarárono fuxido e en rebeldía.
Segundo a memoria familiar xa morrera antes, nas inmediacións do cemiterio de Boisaca, despois de que o meteran nun turismo e o pasearan.
Soterrárono nunha fosa común en Boisaca.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.