← Volver atrás

Novo Verdes, Justo

Alcume: o Novo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Santa María de Conforto, A Pontenova
(Lugo)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 26 anos. Casado con Josefa Braña Bermúdez, encarcerada; tiveron dous fillos. Veciños de Conforto.

Fuxido. Encarcerado.

Cando comeza a guerra civil os sublevados incorporárono ao Rexemento de Infantería Zaragoza nº 30, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica e cando o adestraban en Lugo para mandalo á fronte asturiana, desertou en maio de 1937 e ocultouse en Conforto.

Integrouse no grupo de fuxidos que dirixía Generoso Rico Rodríguez. Asestaron varios golpes en San Paio e Saldoiriña (A Pontenova).

Acusárono da morte o día 12/08/1939 do cura de Santa María de Veiga de Logares, A Fonsagrada (Lugo) e da do mestre falanxista de Sanxés, San Pedro de Bogo, A Pontenova, Hermenegildo-Bienvenido Alonso Sastre, o día 28/12/1939, quen fora o delator de José-María Díaz Díaz-Villamil.

Reclamado na causa 50/40 polo Xulgado Eventual Militar de Xixón (Principado de Asturias) con Facundo Torviso Arruñada, encarcerado, e Francisco Calvín López.

Presentouse ás novas autoridades golpistas o día 04/03/1940 despois de que á súa nai, á súa irmá e á súa dona as encarceraran ou as deportaran.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 06/03/1940 e trasladado ao cárcere de Xixón (Principado de Asturias) o día 01/04/1940.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de deserción, na causa 81/41, co resultado de sentenza de sobresemento definitivo segundo resolución do día 13/10/1942.

A súa implicación nos feitos atribuídos non se puido probar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha