← Volver atrás

Núñez Fernández, Manuel

Alcume: Chaparrín
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Becerreá
(Lugo)
- 01/01/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 06/05/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Camareiro, 25 anos. Veciño de Becerreá.

Fuxido. Executado.

Xulgado en consello de guerra co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Capturado polos rebeldes o día 22/11/1936 e internado no depósito municipal de Becerreá, do que logrou fuxir con outros 15 presos o seguinte 7 de decembro.

Integrouse no grupo de fuxidos de Antonio Ulloa Regueiro, que operaba na comarca dos Ancares (Lugo).

Encartárono na causa 190/37 e reclamouno o Tribunal Militar Territorial de Lugo en agosto de 1937.

Prendérono os represores no ano 1940.

Retómase o seu procesamento en Lugo polo delito de rebelión militar nese ano 1940, na causa 190/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os franquistas ás 06:00 h nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha