Nacemento:
Morte:
En 1920 coñeceu á que sería ao seu home, Francisco Iturralde Cabeza de Vaca, quen deixou a carreira de Medicina, na que levaba tres anos e ingresou como Oficial no Corpo de Telégrafos. Pasaron por varios destinos en España, en 1923-1924 achábanse na Coruña.
En 1930 a Francisco destinárono a Pontevedra, onde estivo moi vencellado á CNT e ás actividades da Federación Anarquista Ibérica (FAI), actividades polas que o expulsaron de Telégrafos en xaneiro de 1933. Desde 1933 era veciño de Ferrol (A Coruña), onde o contrataron como mecánico interino de Telégrafos. En maio de 1933 fundaron a Escola Racionalista de Ferrol; a escola tíñaa no seu domicilio na rúa Canalejas, 159-1º, el daba clases aos maiores e Marina aos máis pequenos. Sendo necesaria unha titulación, a escola púxose a nome de Matías Usero Rey-Torrente, licenciado en Dereito e militante republicano.
Coa chegada en febreiro de 1936 da Fronte Popular (FP), deixaron a escola racionalista e artellaron unha Universidade Popular, proxecto inconcluso por mor da sublevación militar.
Vítima colateral.
Cando se produce o alzamento Francisco agochouse en Ponto, Xuvia, Santa María de Neda, Neda (A Coruña) e logo nas Somozas (A Coruña), onde o prenderon e trasladárono a Ferrol. Ao seu home xulgárono nunha causa militar co resultado de sentenza de sobresemento. Pouco despois rexístrase a morte de Francisco en Ferrol a mans da forza pública franquista.
Marina e os seus fillos trasladáronse a Lugo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.