Nacemento:
Morte:
Comerciante, escritor e historiador, 46 anos. Casou no ano 1917, no Burgo, con Josefa Bouza Vellas. Veciños de Vilalba. No ano 1905, con 15 anos e case que analfabeto, emigrou a Cuba, onde fixo estudos, comezou a escribir e foi correspondente de varios xornais. No ano 1916 (outras fontes din en 1921) regresou e instalouse en Vilalba, onde abriu un bazar.
En 1932 sería administrador e fundador do xornal quincenal Faro Villalbés.
Secretario moitos anos da Unión Comercial Vilalbesa, que fundou no ano 1923.
Concelleiro da súa localidade xa na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.
Participou no ano 1930 na creación e traballou como secretario da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA). Durante a II República tamén militou no Partido Republicano Galego (PRG) e, despois, no ano 1934, sería secretario do Comité Local de Esquerda Republicana (ER) en Vilalba.
Encarcerado.
Despois do golpe rebelde prendérono os franquistas sen procesamento xudicial. Preso gobernativo.
Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 03/08/1936.
Puxérono en liberdade o día 08/12/1936.
Durante o franquismo traballou como correspondente de La Voz de Galicia en Vilalba ata o seu pasamento en 1972 e publicou catro libros.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.