Nacemento:
Morte:
Mariñeiro e sindicalista, 27 anos. Tiña unha filla, Dolores, do seu primeiro matrimonio; casado en segundas con Josefa Díaz, tiveron outros dous fillos: César e Antonio. Veciños da Coruña.
Militante da CNT e do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) da Coruña El Despertar Marítimo.
Fuxido. Encarcerado.
Foxe o día 4 de outubro de 1936 no vapor Sagrado Corazón de Jesús da Coruña cara Xixón (Principado de Asturias); fuxida de 16 persoas das Xuventudes Libertarias (XXLL) e do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) da Coruña.
Entre os fuxidos atopábanse os veciños da Coruña e militantes da CNT: José Cambeiro Casais, mariñeiro; Leandro Correa Contabitarte, fogueiro; Manuel Mourelle Lema, mariñeiro; Eduardo-Julio-Alberto Naya Cardama, dependente; Antonio Outerelo Pereira, mariñeiro, e César Palleiro Freire, mecánico e carboeiro.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
No Principado de Asturias mantívose embarcado ata febreiro ou marzo de 1937, cando se incorporou á 3ª Compañía do 207º Batallón republicano. Militante da Agrupación Confederal Galaica.
Detido polos golpistas en 1939 e trasladado ao Campo de Concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra). Logo incorporárono ao Batallón de Traballadores nº 149 (BB.TT.) de Castejón (Navarra).
Xulgado en consello de guerra en abril de 1941 co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Internárono na Prisión Provincial da Coruña e indultárono no ano 1947.
Foi tesoureiro do Comité Rexional da CNT na clandestinidade e, cando o reclamou o Xulgado Militar de Vigo (Pontevedra) en xullo de 1947, foxe.
Pereceu no naufraxio na ría de Cedeira cando era patrón do 2º Monte San Pedro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.