Nacemento:
Morte:
Mecánico e carboeiro, 22 anos. Veciño da Coruña. Irmán de Luis Palleiro Freire, paseado.
Militante da CNT e das Xuventudes Libertarias (XXLL). Vogal do Sindicato de Mecánicos en 1933-1934.
Fuxido. Morte en combate. Sancionado.
Foxe o día 4 de outubro de 1936 no vapor Sagrado Corazón de Jesús da Coruña cara Xixón (Principado de Asturias); fuxida de 16 persoas das Xuventudes Libertarias (XXLL) e do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) da Coruña.
Entre os fuxidos contábanse os veciños da Coruña e militantes da CNT: José Cambeiro Casais, mariñeiro; Leandro Correa Contabitarte, fogueiro; Manuel Mourelle Lema, mariñeiro; Eduardo-Julio-Alberto Naya Cardama, dependente; Antonio Outerelo Pereira, mariñeiro, e César Palleiro Freire, mecánico e carboeiro.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de sedición (desaparición do Sagrado Corazón de Jesús) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Loitou durante a guerra civil no exército republicano, no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias, ferírono en combate no ano 1937 co resultado de morte.
Os franquistas embargáronlle todos os seus bens por sentenza dunha peza separada, de outubro de 1940, por responsabilidades civís.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.