Nacemento:
Morte:
Mestra. Casou en Santiago de Compostela (A Coruña), o día 16/07/1934, co veterinario e funcionario Severino Pellit Varela; tiveron dous fillos e unha filla: José-Ignacio, Severino e Rosina. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña), onde o seu home era inspector de Sanidade e Hixiene Pecuaria. Rosina gañou a oposición de mestra no ano 1923.
Severino foi presidente do Colexio de Veterinarios da Coruña no ano 1933, secretario do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) en Santiago de Compostela e, en 1935, pasa a Unión Republicana (UR) e sería dirixente da Fronte Popular (FP) en Oroso; na guerra civil pasouse ao PSOE.
Depurada.
Abríronlle un expediente de depuración como mestra.
Despois do alzamento militar o seu home refúxiase en Portugal, ao remate da guerra civil pasa a Francia e en maio de 1940 chegou a México no De Grasse; morre en México o día 11/04/1950.
A Severino xulgárono en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de rebelión, na causa 410/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía; tamén o sancionou o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e inhabilitouno.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.