Nacemento:
Morte:
Veterinario e funcionario municipal, 35 anos. Casou en Santiago de Compostela (A Coruña), o día 16/07/1934, coa mestra María-Rosina Padín Guerra; tiveron dous fillos e unha filla: José-Ignacio, Severino e Rosina. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña), onde era inspector de Sanidade e Hixiene Pecuaria.
Presidente do Colexio de Veterinarios da Coruña no ano 1933.
Secretario do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) en Santiago de Compostela; en 1935 pasa a Unión Republicana (UR), da que o nomearon secretario do Comité Provincial en xaneiro de 1936. Foi dirixente da Fronte Popular (FP) en Oroso.
Fuxido. Exiliado.
Despois do alzamento militar consegue refuxiarse en Portugal.
Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial de Santiago de Compostela polo delito de rebelión, na causa 410/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Durante a guerra civil afiliouse no PSOE.
Sancionado polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e inhabilitado.
No decorrer da guerra civil pasou a Francia, onde foi xefe de servizo no control de produtos alimenticios da Cámara de Comercio na embaixada republicana en París. Logo embarcou cara os Estados Unidos no De Grasse o día 23/12/1939 e trasladouse a México no Ipanema, onde chegou o 14/01/1940.
Finou en México.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.