← Volver atrás

Parga Pondal, Isidro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

Laxe
(A Coruña)
- 17/12/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 04/05/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor universitario, 35 anos. Casado. Veciños de Santiago de Compostela (A Coruña). No ano 1922 licenciouse en Ciencias Químicas na Universidade de Madrid. No ano 1923 era profesor auxiliar de Química Analítica na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que desenvolveu ata 1936. Parente de Eduardo Pondal.

Foi un dos profesores investigadores máis importantes da USC, onde imparte catro materias diferentes e un gran xeoquímico español.

Membro do Seminario de Estudos Galegos (SEG) desde 1924.

Galeguista.

Depurado.

Os golpistas suspendérono de emprego e soldo e separárono definitivamente do servizo.

Retirouse a Laxe e dirixiu a empresa Kaolines de Lage, S.L., onde tivo como colaborador a Manuel Brañas Cancelo, a quen tamén depuraran e desterraran a Haro (A Rioxa). Tamén traballou en Titania, S.A., que tiña unha mina de titanio en Balarés, San Tirso de Cospindo, Ponteceso (A Coruña).

Colaborou con moitas universidades europeas e foi membro de varas reais academias.

Traballou na empresa Zeltia e, en 1958, participou na creación de Cementos del Noroeste, S.A., da que foi conselleiro de administración.

No ano 1978 a súa dona e o seu fillo José-Ramón morreron nun accidente de tráfico.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha