Nacemento:
Morte:
Garda de asalto, 43 anos. Casado con Emilia Fernández Suevos; tiñan sete fillos. Veciños de Sevilla. Ingresou na Academia Militar de Toledo. Participou nas campañas de África como tenente de Infantería e despois destinárono a Mondoñedo (Lugo).
Cando en 1931 o Goberno da II República creou a Garda de Seguridade e Asalto, foi un dos primeiros en pedir a incorporación e acadou o grao de capitán deste corpo.
En 1934 participou en Zaragoza para poñer paz entre os folguistas, conversando con eles e sen sacar as tropas ás rúas. Deste mesmo xeito actuou na Coruña en febreiro de 1936.
En abril de 1936 mandaba unha das compañías da Garda de Seguridade e Asalto da 8ª Compañía da Coruña. O xefe do grupo de asalto era o comandante Gabriel Aizpuru Maristany e o xefe da outra compañía era Ricardo Balaca Navarro. Aizpuru e Patiño eran simpatizantes das esquerdas, ao contrario que Balaca.
Por mor de incidentes no Grupo de Asalto da Coruña, a Gabriel Aizpuru trasladárono a Bilbao, a Manuel Patiño a Sevilla e a Ricardo Balaca a Murcia.
Paseado.
Estaba destacado en Sevilla como capitán cando se produce o golpe rebelde; fiel á República, negouse a unirse aos sublevados. Detivérono e levárono ao Goberno Civil, onde xa se atopaban prendidos o gobernador civil, tamén da Coruña, políticos republicanos, outros militares, obreiros e gardas de asalto.
O día 4 de setembro fusilárono cun grupo de obreiros nas tapias do cemiterio.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.