Nacemento:
Morte:
Militar, 47 anos. Casou con Clara Moris Climent; tiveron tres fillas e catro fillos: Gloria Francisca, Luis, Gabriel, Teresa, Ángel e Juan-Luis. Incorporouse á Academia de Infantería no ano 1905. Participou nas campañas de África ao longo de dez anos. Comandante da Garda de Seguridade e Asalto desde setembro de 1934. En abril de 1936 era o xefe do Corpo de Seguridade e Asalto da Coruña, na 8ª Compañía da Coruña. Tiña como xefes das dúas compañías e baixo as súas ordes, aos capitáns Manuel Patiño Porto e Ricardo Balaca Navarro. Aizpuru e Patiño eran simpatizantes das esquerdas, ao contrario que Balaca.
Por mor duns incidentes que ocorreron no Grupo de Asalto da Coruña o 06/04/1936, a Gabriel Aizpuru trasladárono a Bilbao, a Manuel Patiño a Sevilla e a Ricardo Balaca a Murcia.
Exiliado.
Cando comezou a guerra civil permanecía aínda en Bilbao (Biscaia) onde, á fronte da Garda de Seguridade e Asalto e co apoio das milicias republicanas, puido conter o golpe dos rebeldes nun primeiro momento.
Fixo toda a guerra na zona republicana e foi xefe dun Corpo de Exército na fronte de Biscaia. Ocupou distintos cargos nas tropas da República. Co grao de coronel colaborou no golpe de Estado de Segismundo Casado López do 05/03/1939.
Ao remate da contenda exiliouse en Londres (Gran Bretaña), onde chegara no H.M.S. Galatea con Segismundo Casado e preto de duascentas persoas máis.
Tres dos seus irmáns, militares rebeldes, conseguiron que volvera en 1954, ano no que morreu cando contaba 65 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.