← Volver atrás

Pérez Artime, Estanislao

Alcume: Tanis da Riva
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Padrón
(A Coruña)
- 01/01/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 12/03/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 55 anos. Casado con Ángela Rey Baltar, tamén de Padrón; tiveron seis fillos e sete fillas: José, Manuel, Ángela, Estanislao, Dolores, Catalina, Eloy, Concha, Maruja, Isidro, Rita, Carmen e Félix. Veciños de Padrón. Industrial que posuía unha fábrica de bombillas desde 1929 en Padrón, Lámparas Yria, S.A., que pecharía nos anos setenta.

Valedor de Ramón del Valle-Inclán.

Concelleiro de Padrón. Deputado provincial no ano 1923 e vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, da que sería presidente a finais de 1935. Membro do Partido Republicano Radical (PRR) de Alejandro Lerroux García desde 1908.

Encarcerado.

Co estoupido da guerra civil acusárono de ser o xefe das esquerdas de Padrón, motivo polo que o encadearon. Internárono na Falcona, cárcere do Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela (A Coruña).

O seu fillo maior José Pérez Rey salvouno de que o pasearan os fascistas.

Abríronlle un expediente na Comisión Provincial de Incautación de Bens no ano 1937.

Logo fixou a súa residencia en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha