Nacemento:
Morte:
Comerciante e político, 35 anos. Casou en 1928 en San Xoán de Amorín, Tomiño (Pontevedra) con Pilar Zúñiga Álvarez. Veciños de Amorín.
Concelleiro e síndico de Tomiño en 1933. Membro da Federación Labrega de Tomiño, da que foi vicesecretario en 1932 e vencellada ao Partido Galeguista (PG). Volveu ser concelleiro despois das eleccións de febreiro de 1936.
Paseado.
Participou na resistencia ao golpe militar en Tomiño, prendérono os fascistas e ingresárono no cárcere do seminario de Tui (Pontevedra), onde o torturaron e pasearon con posterioridade.
O día 4 de outubro os falanxistas sacárono da cadea e asasinárono ás 06:00 h nun pretendido traslado, preto de Mondariz.
Nesa data e lugar pasearon a: Hipólito Gallego Camarero, mestre; Domingo Páramos Núñez, ferreiro; Manuel Pérez Besada, político; Manuel Piñeiro Zúñiga, industrial; Francisco Rodríguez Otero, farmacéutico, e Fernando Rubio Estévez, político.
Morte rexistrada nas inmediacións de Mondariz por mor de disparos de arma de fogo.
Soterráronos nunha fosa común en Mondariz.
No ano 1939 abríronlle un expediente de responsabilidades políticas e sancionárono cunha multa de 50.000 pesetas.
O día 26/03/1959 trasladaron os seus restos ao Val dos Caídos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.