← Volver atrás

Páramos Núñez, Domingo

Alcume: o Ferreiro de Caldelas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Tui
(Pontevedra)
- 01/01/1871 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Mondariz
(Pontevedra)
- 04/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferreiro, sindicalista e político, 65 anos. Casado con Juliana Riol Casado; tiveron dez fillos: Ferrer, Libertad, Aurora, Armonía, Verdad, Floreal, Progreso, Espronceda, Domingo e Julia. Veciños de San Martiño de Caldelas de Tui, Tui. Emigrado en Estados Unidos e na República Arxentina.

Anarcosindicalista. Nos anos vinte era presidente da Sociedade Labrega de Caldelas de Tui.

Durante a II República elixírono concelleiro de Tui e destituírono despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934. No ano 1935 arrestárono con outras persoas, entre elas Ramón-Leopoldo Márquez Vázquez, acusados do incendio da igrexa de Santiago de Baldráns, Tui. Reposto como concelleiro pola coalición da Fronte Popular (FP) o día 21/02/1936.

Paseado.

Cando se produce o golpe dos sublevados prendérono en setembro de 1936 e levárono á cadea do Seminario de Tui. Logo asasinárono no Alto do Confurco.

O día 4 de outubro os falanxistas sacárono da cadea e asasinárono nun traslado, preto de Mondariz, ás 06:00 h.

Nesa data e lugar pasearon a: Hipólito Gallego Camarero, mestre; Domingo Páramos Núñez, ferreiro; Manuel Pérez Besada, político; Manuel Piñeiro Zúñiga, industrial; Francisco Rodríguez Otero, farmacéutico, e Fernando Rubio Estévez, político.

A Hipólito martirizárono antes e despois da súa execución. Os corpos destes seis asasinados guindáronos na vía pública, na entrada de Mondariz, vila onde os soterraron nunha fosa común.

Morte rexistrada nas inmediacións da vila de Mondariz sen especificar a causa.

Os seus restos mortais trasladáronos ao Val dos Caídos o día 26/03/1959.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha