← Volver atrás

Riol Casado, Juliana

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co ferreiro, sindicalista e político Domingo Páramos Núñez, o Ferreiro de Caldelas; tiveron dez fillos: Ferrer, Libertad, Aurora, Armonía, Verdad, Floreal, Progreso, Espronceda, Domingo e Julia. Veciños de San Martiño de Caldelas de Tui, Tui (Pontevedra).

O seu home, nos anos vinte, era presidente da Sociedade Labrega de Caldelas de Tui; na II República elixírono concelleiro de Tui e destituírono despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934. No ano 1935 detiveron a Domingo, con outros, e acusáronos do incendio da igrexa de Santiago de Baldráns, Tui. Repúxoo como concelleiro a coalición da Fronte Popular (FP) o día 21/02/1936.

Vítima colateral.

Cando se produce o golpe dos sublevados a Domingo detivérono en setembro de 1936 e levárono ao Seminario de Tui, de onde o sacaron para pasealo no Alto do Confurco.

Os restos de Domingo trasladáronos ao Val dos Caídos (Madrid) no ano 1959.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha