Nacemento:
Morte:
Mestre, intelectual e xornalista, 22 anos. Veciño de Seoane, Barcala. Irmán de Ramón-José-Manuel Pousa Antelo, procesado. Acadou o título de mestre no ano 1935.
Nos anos trinta colaborou con La Voz de Barcala, órgano da Federación Agropecuaria de Nereira (A Coruña).
Militante e líder da poderosa agrupación do Partido Galeguista (PG) na Baña na que ingresa en xuño de 1931 nas Mocidades Galeguistas e na que tamén figuraba Erundino Vieito Baña.
No ano 1936 fixo campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Procesado. Depurado
Cando comeza o alzamento estaba a facer o servizo militar nun rexemento de Ceuta e, neses intres, de permiso na súa casa para presentarse a unhas oposicións de Maxisterio. Tivo que encargarse da requisa de armas, que entregou no concello. Tentou pasou a Portugal co seu irmán Ramón, vía Ourense.
Despois duns días preséntase na Coruña e envíano á fronte de guerra na Serra do Guadarrama; tentou pasar á zona republicana pero non puido. Rematou a guerra como sarxento de Sanidade e tocoulle participar na toma de Madrid.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, librou da cadea por estar incorporado ao exército franquista e non volve a figurar no proceso.
Depurado como mestre, volveu exercer en Lugo no ano 1944.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.