← Volver atrás

Prado Pereira, Manuel

Alcume: Lolito
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

A Area Alta, San Xoán de Panxón, Nigrán
(Pontevedra)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Mamede de Priegue, Nigrán
(Pontevedra)
- 04/03/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro, 29 anos. Veciño da Area Alta.

Dirixente do Sindicato de Mariñeiros de Panxón, da CNT.

Detido e xulgado en marzo de 1935 por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 e absolto dos cargos.

Fuxido. Executado.

Co triunfo do movemento golpista de xullo de 1936 foxe ao monte.

En 1937 andaba en fuga pola contorna de Gondomar (Pontevedra) con outros cinco escapados, na zona de Santiago de Morgadáns, Gondomar (Pontevedra), onde tiñan moitos apoios; facían roubos a man armada e acosaban aos delatores da zona.

En febreiro de 1938 o grupo asasinou en Priegue a un tratante de madeira portugués, Francisco López dos Santos, ao que consideraban informador da Garda Civil.

A primeiros do ano 1938 morre un membro do seu grupo e a outro ferírono e capturárono. Pouco despois, aos outros tres integrantes prendéronos en Cabido, Vigo (Pontevedra). Manuel, ao que xa advertiran, puido fuxir e prendérono en Baiona (Pontevedra) o día 18 de decembro dese mesmo ano 1938, cando se refuxiaba na casa dun parente. Ao seu grupo pertenceu, polo menos temporalmente, Francisco Pintado Pérez.

Xulgado en consello de guerra en Vigo, o día 16/02/1939, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os golpistas en Priegue.

Morte rexistrada en Nigrán por mor dunha hemorraxia interna.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de San Mamede de Priegue.

Xulgado no ano 1940 polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultado en 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha