← Volver atrás

Quiroga Macía, Manuel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Colaboracionista

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido
- 30/04/1945 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e político. Casado con Felisa Fragoso Salgueiro; tiveron unha filla e un fillo: María e José. Veciños de Ourense. Tenente coronel de Infantería retirado.

Colaboracionista.

Nomeárono gobernador civil de Ourense despois do golpe fascista o día 05/08/1936. Desenvolveu este cargo ata abril do ano 1938, cando o nomearon gobernador militar da mesma praza. En decembro de 1938 destinárono ao mando do Rexemento de Infantería Milán nº 32; logo destinárono ao Rexemento de Infantería Simancas nº 40. Tamén desenvolveu a presidencia da Deputación de Ourense.

No seu mandato como gobernador aconsellou a Anselmo López García, militar e avogado, militante de Esquerda Republicana (ER), que se trasladara a Tui (Pontevedra), porque o tiñan “ameazado de ser agredido na rúa”.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha