← Volver atrás

López García, Anselmo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado. Sancionado

Nacemento:

A Habana
(Cuba)
- 19/05/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
(Ourense)
- 01/01/1983 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar e avogado, 40 anos. Casou en 1923, en Miño (A Coruña), con María-Joaquina Morais García; tiveron catro fillos e dúas fillas: Anselmo, Ricardo, José-Javier, Antonio-José-Joaquín, María del Carmen e Concepción. Veciños de Ourense. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC), licenciándose no ano 1931. Capitán de Infantería destinado no 5º Batallón de Cazadores de Montaña, en Ourense. Retirouse coa Lei Azaña e desenvolveuse como xuíz municipal de Ourense durante o 1º bienio republicano.

Candidato polo Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) nas eleccións a Cortes Constituíntes en 1931, sen obter acta de deputado. Vogal da directiva do PRRS en Ourense e, despois, presidente da súa Agrupación Local. Co tempo integrouse en Esquerda Republicana (ER).

Formou parte de sociedades recreativas e culturais ourensás.

Encarcerado. Depurado. Sancionado.

Despois do golpe militar trasladouse a Tui (Pontevedra) o día 25/08/1936 aconsellado polo gobernador civil Manuel Quiroga Macía, porque o tiñan “ameazado de ser agredido na rúa”. Actuou en varias causas na defensa das persoas que tentaran salvar a legalidade republicana en Tui. Despois pasou a residir en Vigo (Pontevedra).

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 23/03/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 598/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua. O fiscal foi Joaquín-María Otero Goyanes.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Marcial García Barros, Higinio López Barrio, Eduardo París Villar, Manuel Suárez Castro, Antonio Taboada Novoa e Bernabé Vecino Martín; pena de cadea perpetua para Anselmo López García; pena de 12 anos e un día para Marcelino Otaduy Vázquez; a sentenza declarou fuxidos a: Gumersindo Núñez Muñoz e Germán Rodríguez Yáñez.

Cumpriu parte da súa condena no Castelo de San Felipe, en Ferrol (A Coruña).

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Ourense.

No mes de setembro de 1937 dérono de baixa no exército.

En maio de 1938 abríronlle un expediente de incautación dos seus bens.

Durante o franquismo exerceu como avogado en Ourense.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.