← Volver atrás

Suárez Castro, Manuel

Alcume: Manoliño Suárez
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Ourense
- 06/10/1889 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 27/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, mestre de obras e político, 46 anos. Casado con Consuelo Destar (+1918); tiveron unha filla. Viúvo, casou con Celedonia Bretaña Montes; tiveron tres fillos. Veciños de Ourense.

No ano 1929 iniciouse na masonería.

Presidente da Sociedade de Canteiros e da Casa do Pobo en Ourense. Militante do PSOE e dirixente da UXT de Ourense. No primeiro bienio da II República elixírono concelleiro e tenente de alcalde no ano 1931. Candidato polo PSOE nas eleccións xerais de 1931, 1933 e 1936, non obtivo acta. Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense. Alcalde de Ourense no ano 1936, na xestora da Fronte Popular (FP). Compromisario en abril de 1936, pola provincia de Ourense, para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz.

Formou parte do Comité Revolucionario de Ourense durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934, motivo polo que o desterraron.

Fuxido. Executado.

Cando se produce o alzamento militar formou parte do Comité de Defensa da República de Ourense para o mantemento da legalidade republicana.

Agochado sete meses na casa duns amigos ata que o detiveron os falanxistas.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 23/03/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 598/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Marcial García Barros, Higinio López Barrio, Eduardo París Villar, Manuel Suárez Castro, Antonio Taboada Novoa e Bernabé Vecino Martín; pena de cadea perpetua para Anselmo López García; pena de 12 anos e un día para Marcelino Otaduy Vázquez; a sentenza declarou fuxidos a: Gumersindo Núñez Muñoz e Germán Rodríguez Yáñez.

Fusilárono os golpistas no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Nese mesmo día e lugar fusilaron a: Antonio Colmenero Villamarín, obreiro; Ramón Figueiras Añel, carpinteiro; Camilo Gago González, obreiro; José González González, labrego; Higinio López Barrio, alguacil; Eduardo París Villar, avogado; Manuel Suárez Castro, canteiro, e Antonio Taboada Nóvoa, tipógrafo.

Procesárono no ano 1940 no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.