← Volver atrás

Bretaña Montes, Celedonia

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Vítima colateral

Nacemento:

Ourense

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Casada co canteiro, mestre de obras e político Manuel Suárez Castro, Manoliño Suárez, que estaba viúvo e xa tiña unha filla; tiveron tres fillos máis. Veciños de Ourense. O seu home iniciouse na masonería no ano 1929.

Manuel foi presidente da Sociedade de Canteiros e da Casa do Pobo en Ourense; militante do PSOE e dirixente da UXT. No primeiro bienio da II República elixírono concelleiro e tenente de alcalde no ano 1931; candidato polo PSOE nas eleccións xerais de 1931, 1933 e 1936, non acadou acta; vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense e alcalde de Ourense no ano 1936, na xestora da Fronte Popular (FP); tamén sería compromisario en abril de 1936 pola provincia de Ourense para a elección do presidente da República, Manuel Azaña Díaz.

Vítima colateral.

Cando se produce o alzamento militar Manuel Suárez formou parte do Comité de Defensa da República para o mantemento da legalidade republicana; ocultouse sete meses na casa duns amigos ata que o detiveron os falanxistas, xulgárono e fusilárono no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense, o día 27/07/1937.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha