← Volver atrás

Otaduy Vázquez, Marcelino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 01/01/1990 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Garda xurado e avogado, 38 anos. Casou en Santiago de Compostela (A Coruña), no ano 1948, con Concepción Rodríguez. Veciño de Ourense. En 1925 tiña o destino en Donostia (Guipúscoa) e en 1930 en Santiago de Compostela (A Coruña); tamén pasou por Madrid, por Irún, por San Cristovo de Goián, Tomiño (Pontevedra) e por Pontevedra. No verán de 1936 era axente de vixilancia en Ourense.

Encarcerado.

Prendérono os franquistas despois do golpe de Estado.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 23/03/1937 polo delito de auxilio á rebelión militar, na causa 598/36, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Marcial García Barros, Higinio López Barrio, Eduardo París Villar, Manuel Suárez Castro, Antonio Taboada Novoa e Bernabé Vecino Martín; pena de cadea perpetua para Anselmo López García; pena de 12 anos e un día para Marcelino Otaduy Vázquez; a sentenza declarou fuxidos a: Gumersindo Núñez Muñoz e Germán Rodríguez Yáñez.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Ourense.

Rematou a carreira de Dereito a principios dos anos corenta.

No ano 1942 ábreselle un expediente de responsabilidades políticas; cando pagou a sanción recuperou a libre disposición dos seus bens en maio de 1942.

Exerceu de avogado en Madrid durante o franquismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha