← Volver atrás

Taboada Novoa, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

San Bieito de Cabeza de Vaca, Ourense
(Ourense)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 27/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tipógrafo, 28 anos. Casado. Veciño de San Bieito de Cabeza de Vaca. Traballou na Cooperativa Gráfica Ourensá, onde se publicaba o xornal Espartaco.

Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) de Ourense desde o ano 1932. Membro da Sociedade de Tipógrafos, da UXT. Dirixente da Casa do Pobo de Ourense. Militante do PSOE e candidato por este partidos nas eleccións xerais de 1936.

Fuxido. Executado.

Despois do golpe militar fuxiu ata o día 02/12/1936, data na que o detiveron os franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 22/05/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 598/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Marcial García Barros, Higinio López Barrio, Eduardo París Villar, Manuel Suárez Castro, Antonio Taboada Novoa e Bernabé Vecino Martín; pena de cadea perpetua para Anselmo López García; pena de 12 anos e un día para Marcelino Otaduy Vázquez; a sentenza declarou fuxidos a: Gumersindo Núñez Muñoz e Germán Rodríguez Yáñez.

Fusilárono os golpistas no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Nese mesmo día e lugar fusilaron a: Antonio Colmenero Villamarín, obreiro; Ramón Figueiras Añel, carpinteiro; Camilo Gago González, obreiro; José González González, labrego; Higinio López Barrio, alguacil; Eduardo París Villar, avogado; Manuel Suárez Castro, canteiro, e Antonio Taboada Nóvoa, tipógrafo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha