← Volver atrás

Rajoy Leloup, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 01/01/1966 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xurista, profesor universitario e político, 54 anos. Veciño de Santiago de Compostela. Comezou a traballar con doce anos. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1910, aos 28 anos. Profesor auxiliar de Dereito Civil na USC. Experto en Dereito Administrativo.

Concelleiro de Santiago de Compostela e nomeado 5º tenente de alcalde nas eleccións municipais de 1931 polo Partido Monárquico.

Republicano e galeguista convencido, laico. Formou parte da Comisión redactora do Proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) de 1936 con, entre outras persoas, Alejandro Bóveda Iglesias, gran amigo persoal e a quen fusilaron o día 17/08/1936. Novamente concelleiro na corporación de 1932 como independente e tamén no ano 1935 polo Partido Republicano Independente (PRI). Alma mater do EAG.

Depurado.

Sancionado coa separación definitiva do servizo e privado da súa Cátedra de Dereito Civil na USC. Tamén o sancionaron economicamente, vendendo propiedades para facer fronte ao pago.

No ano 1952 permitíuselle regresar ao cargo, que ocupara xa en 1936, de Decano do Colexio de Avogados.

Avó do presidente do que sería presidente do Goberno de España Mariano Rajoy Brey.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha