← Volver atrás

Rey Busto, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado. Procesado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilanova de Lourenzá
(Lugo)
- 25/02/1985 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, profesor universitario e político, 34 anos. En xaneiro de 1941 casou en Santiago de Compostela con María Aenlle García, que morreu ao ano seguinte; logo casou con Generosa de la Barrera Rodríguez e tiveron un fillo e unha filla: Manuel e Adelaida. Veciños de Santiago de Compostela. Licenciado en Medicina no ano 1934. Profesor axudante de clases prácticas na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Colaborou con El Compostelano, El Eco de Santiago e con Eco de Galicia.

Durante a II República militou no Partido Republicano Radical Socialista (PRRS),do que no ano 1931 era vogal da executiva local de Santiago de Compostela. O día 09/07/1936 nomeárono presidente de Unión Republicana (UR) na cidade compostelá.

Sancionado. Procesado.

Castigado polos fascistas en agosto de 1936 coa inhabilitación absoluta para todas as universidades españolas baixo a acusación de ter carácter revolucionario, militar en Esquerda Republicana (ER) e na Fronte Popular (FP).

Estableceuse como médico en Vilanova de Lourenzá no ano 1944.

Procesárono en 1948 despois da morte de Luis-María Trigo Chao, Gardarríos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha