← Volver atrás

Rey López, Demetrio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Cervo
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 24 anos. Solteiro. Veciño de San Cibrao, Santa María de Lieiro, Cervo.

Fuxido. Encarcerado.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes foxe ao Principado de Asturias.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 28/04/1939.

Trasladado ao cárcere de Ferrol (A Coruña) o 30/07/1940.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 267/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

No sinalado proceso condenaron á pena de morte a: Daniel Fernández López, Antonio García Gómez e Eduardo Linares García; pena de 12 anos e un día para Demetrio Rey López e de seis anos para Modesto Riveira Dovale.

Interno na Prisión Provincial de Lugo, puxérono en liberdade condicional provisoria o día 22/01/1943, que se publicou no BOE nº 46 do día 15/021943.

Procesárono polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha