← Volver atrás

Riveira Dovale, Modesto

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

O Vicedo
(Lugo)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 24 anos. Solteiro. Veciño de San Román de Vale, O Vicedo.

Fuxido. Encarcerado. Sancionado.

Foxe cando se produce o golpe sedicioso e preséntase ás novas autoridades fascistas no ano 1940.

Ingresado no depósito de Viveiro (Lugo) o día 23/03/1940 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Enviado ao cárcere de Ferrol (A Coruña) o día 27/06/1940.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción, na causa 267/37, co resultado de sentenza a seis anos de prisión e multa de 250 pesetas.

No sinalado proceso condenaron á pena de morte a: Daniel Fernández López, Antonio García Gómez e Eduardo Linares García; pena de 12 anos e un día para Demetrio Rey López e de seis anos para Modesto Riveira Dovale.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha