Nacemento:
Morte:
Canteiro e político, 42 anos. Casou en 1923 con Rosa Ageitos Abalo. Veciños de Cea. Emigrado na República Arxentina, ao seu regreso traballou de canteiro en Cea.
Paseado.
Despois do golpe de Estado, co seu medio irmán Paulino Carballo del Río, actuou como enlace dos fuxidos no monte Xiabre. O día 14/02/1937 subiu ao monte con Paulino para entregarlle unha carta da súa nai a José Torrado Herbón; prendeunos unha patrulla das milicias mandada polo capitán Bernal, que contaba con máis dun cento de homes entre militares, falanxistas e corpos de seguridade e que facían unha batida no monte de Xiabre.
Encarceráronos no cuartel da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa e torturáronos.
Baixo o pretexto dun traslado a Pontevedra asasinounos aos dous o sarxento da Garda Civil Desiderio Camacho Pinillana, nas Raposeiras, preto de Vilanoviña, Santa María de Paradela.
O cura de Paradela non consentiu o soterramento en lugar sagrado e enterráronos en paralelo ao muro de peche do adro.
Morte rexistrada en Paradela por mor de atrición da substancia cerebral e de hemorraxia menínxea.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.