← Volver atrás

Rivas Barja, Severino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

Santo Estevo de Loentia, Castro de Rei
(Lugo)
- 13/09/1875 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Cortapezas, Portomarín
(Lugo)
- 29/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 60 anos. Viúvo desde finais dos anos vinte. Veciño de Loentia. Severino quedou viúvo a finais dos anos vinte e, no ano 1930, enviou ao seu fillo máis pequeno, Darío Rivas, de nove anos, para a República Arxentina ao coidado dos seus irmáns maiores, que estaban alí emigrados.

Home de extensa cultura, loitou contra a ditadura do xeneral Miguel Primo de Rivera Orbaneja e defendeu a II República. No ano 1931 era presidente da recente Agrupacións Socialista Agraria (ASA) de Castro de Rei. Vencellado ao PSOE, nomeárono alcalde accidental de Castro de Rei o día 06/05/1936 e alcalde titular o día 9 dese mesmo mes.

Membro da UXT.

Encarcerado. Paseado.

Co golpe de Estado e a caída de toda Galicia nas mans dos sublevados, Severino estivo menos de tres meses a cargo da alcaldía e, o 29 de xullo, destituíno o comandante da Garda Civil.

O día 26/08/1936, despois de achegarse a Lugo, prendérono no Hotel España desta cidade e ingresárono ese mesmo día na Prisión Provincial de Lugo.

Os falanxistas acusárono de traizón á patria e de tenencia de armas.

O día 29/10/1936 liberárono por orde do gobernador militar de Lugo e finou asasinado.

Uns sicarios falanxistas sacárono da cadea e asasinárono na estrada de Lugo-Portomarín, no camiño de Torrentes, preto da capela de Santa María de Cortapezas, xunto co combatente antifranquista Víctor Dorrego Queizán. Severino recibiu cinco tiros.

Morte rexistrada por mor dunha profunda hemorraxia por proxectil de arma de fogo na marxe dereita da estrada que vai de Lugo a Portomarín.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Santa María de Cortapezas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha