← Volver atrás

Rivas Vaamonde, María del Carmen

Alcume: Maruja
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada. Sancionada

Nacemento:

Ordes
(A Coruña)
- 12/08/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ordes
- 02/02/1984 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Costureira, 20 anos. Casada con Manuel Ponte Pedreira, Xastre, o día 19/11/1935; tiveron un fillo e unha filla: Manuel-Pablo, que morreu no ano 1937, e María del Carmen. Veciños da rúa Alfonso Senra, en Ordes. Era a maior de cinco irmáns.

Encarcerada. Sancionada.

María del Carmen sería un dos apoios do seu home na súa estadía nos montes.

Detida con outras mulleres de guerrilleiros en abril de 1946. Permaneceu pouco tempo no cárcere. A primeiros de marzo de 1947 volvérano deter en Santiago de Compostela (A Coruña).

A Carmen deportárona a Olmedo (Valladolid), sen roupa, sen cartos e sen coñecer a ninguén. Viviu na Posada Molpeceres.

Manuel foi un guerrilleiro antifranquista, que finou fronte aos gardas civís de Ordes, nun enfrontamento que ocorreu o día 21/04/1947 en Frades (A Coruña).

O desterro durou ata maio de 1947; xa non tiña motivo tela afastada pois Ponte morrera en abril.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha