Nacemento:
Morte:
Tiña uns 36 anos. Veciño de Pontedeume.
Xefe local de Falanxe na súa localidade, da Vella Garda.
Represor. Axustizado.
Participou desde o primeiro momento nas labores auxiliares de "limpeza, pacificación e control", que desenvolveron os militares, a Garda Civil e os milicianos falanxistas. O Lugués adicouse á caza de fuxidos neses primeiros tempos e participou no paseo de republicanos e esquerdistas.
Estes milicianos adicábanse a deter nos pobos aos "sospeitosos", servíndose en moitos caos de menores uniformados ("balillas" ou "frechas") aos que lles daban armas, polo que resultaba moi perigoso atoparse con eles.
O día 17/05/1937 participou, cos gardas civís Antonio Vilar Boado e Francisco Lasén Colina e co tamén falanxista José-María Varela Garabana, na detención de Luis Nodar Castro, concelleiro que fora en Pontedeume polo PSOE e membro do Comité de Defensa da República; Luis sería executado no Castelo de San Felipe, en Ferrol, o día 09/07/1937.
En novembro de 1944 axustizouno a guerrilla antifranquista en Campolongo; no tiroteo que rematou coa súa vida participaron Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, e Jesús López Ardao, o de Someiro.
Os medios de comunicación informaron que morrera en "acto de servicio".
Luis Lamela manifesta que se chamaba José Rodríguez Rivera.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.