Nacemento:
Morte:
Vendedor ambulante, 19 anos. Veciño de Langreo (Principado de Asturias), onde o seu pai tiña unha tenda de tecidos. Irmán de Antonio Rodríguez González, morto en enfrontamento.
Militante da CNT.
Fuxido. Encarcerado.
Cando se produce o alzamento rebelde combateu no Exército Popular da República, prendérono os franquistas na fronte de Bilbao e internárono no campo de concentración de Miranda de Ebro (Burgos) e logo nun batallón de traballadores na fronte de Madrid.
En liberdade condicional, regresou a Galicia.
Dirixiu unha partida, que actuaba nos Peares e na Peroxa, na que tamén estaba o seu irmán Antonio Rodríguez González, Salvador Gil Moure, Carolo, e Clemente-Justo Quiroga Vázquez. A Garda Civil acusounos, entre outros cargos, do asasinato dun capitán da Aviación na estrada Chantada-Monforte de Lemos, de causar outras vítimas na estrada de Ourense e do asalto a un coche da feira.
En agosto de 1941 Antonio e Eulogio marcharon para Sabadell (Barcelona); Eulogio adicouse ao estraperlo e arrestárono en Barcelona o 21/03/1943. Os irmáns pasaron a Francia no verán de 1944.
Os irmáns Rodríguez González encargáronlle a Clemente-Justo Quiroga o axustizamento do seu compañeiro Salvador Gil Moure, morte que se produce o 07/02/1942.
Máis tarde os dous irmáns participaron na invasión do Val de Arán, integrados na 21ª Brigada da 104ª División e máis tarde na Agrupación Guerrilleira de Levante e Aragón (AGLA).
Cercados polas forzas represoras en Tragacete (Cuenca) o 13/01/1945, os irmáns Rodríguez conseguiron escapar; no enfrontamento morreran dous compañeiros. Localizáronos o seguinte día 27 en Cañizares, Antonio morreu abatido e ao seu irmán Eulogio prendérono.
Ingresárono na prisión de Cuenca
Xulgado en consello de guerra, o día 04/12/1945, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Pasou 15 anos na cadea, saíndo en liberdade condicional da Prisión Central de Burgos o 21/12/1958.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.