Nacemento:
Morte:
Labrego, 23 anos. Veciño de Gomesende. Fillo de Ubaldina Moure Rodríguez, encarcerada. Irmán de Dolores Gil Moure, encarcerada, e de Manuel Gil Moure, tamén encarcerado.
Fuxido. Axustizado.
Foxe despois de producirse o alzamento militar.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 812/38, sentenciada o día 14/05/1940 e co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra varios veciños de Chantada, Taboada e O Saviñao.
Neste proceso condenaron a 16 anos de cadea a José Benito Rodríguez; a 12 anos e un día a: Emilia Cadahía Montes, Manuel González García, Evaristo López Caseiro e Claudina Rodríguez Fernández; declararon fuxidos a: Ricardo Areán Sánchez, Benjamín Argiz Fiunte, Salvador Gil Moure, Jesús López Suárez e Victorino Quintana Vázquez; ditaron sentenza de absolución para Francisco Blanco Caseiro. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Manuel Gil Moure, Estrella Lamas González, Claudio Rodríguez Castro, Hilda Rodríguez Fernández, Salvador Valcárcel Montenegro e Manuel Vázquez López.
Estivo na partida que dirixía Antonio Rodríguez González, onde tamén se atopaba Eulogio Rodríguez González, irmán de Antonio. Actuaron desde 1939 nas zonas dos Peares e a Peroxa. Cando os irmáns Rodríguez González marcharon a Cataluña en agosto de 1941, fíxose co mando do grupo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, auxilio á rebelión e atraco, na causa 930/39. Proceso contra veciños de Chantada, Taboada e O Saviñao. Acumulada á causa 812/38.
Neste xuízo o tribunal condenou á pena de 15 anos a José Costa Clavell; penas de 12 anos e un día para: María Montes Caseiro e Manuel Silva Calviño; autos de sobresemento para: Eladia Diéguez N. e Salvador Valcárcel Montenegro (este por falecemento anterior). Tamén procesaron a: Benjamín Argiz Fiunte, Emilia Cadahía Montes, Darío Calvo Paz, Salvador Gil Moure, Victorino Quintana Vázquez, Claudina Rodríguez Fernández, Hilda Rodríguez Fernández e José-Benito Rodríguez López.
A Garda Civil acusounos, entre outros cargos, do asasinato dun capitán da Aviación na estrada Chantada-Monforte, de causar outras vítimas na estrada de Ourense e do asalto a un coche da feira.
Nun enfrontamento coa Garda Civil o día 05/11/1939, na Ponte, San Xiao de Pedroso, Rodeiro (Pontevedra), detiveron o seu compañeiro Benjamín García Diéguez, o Largo de Barbeitos. Ramón Sánchez, Areán, e Salvador lograron fuxir. Ramón morrería dous anos despois e Salvador, que fuxira ferido, tamén caeu tempo andado.
Xulgado tamén no Tribunal Militar Territorial de Lugo na causa 422/41 por atraco e morte do garda civil Rogelio González Coldeiro e na causa 87/42 por roubo.
Morre na Peroxa axustizado pola guerrilla por roubar aos labregos e a causa das feridas por traumatismos no cranio polo estoupido dunha bomba de man na Peroxa, na liña de ferrocarril Monforte de Lemos-Vigo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.