Nacemento:
Morte:
Labrego, 25 anos. Veciño de Taboada (Lugo).
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Foxe ao monte ao principio do golpe militar e liderou un grupo guerrilleiro no suroeste da provincia de Lugo, principalmente no concello de Chantada. Neste grupo figuraban tamén: Benjamín Argiz Fiunte; Jesús López Suárez, Gazapo; Benito Montes Otero e Victorino Quintana Vázquez.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de atraco, na causa 765/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 22/12/1938.
Mantivo contactos co grupo de Rodeiro (Pontevedra) que formaban Benjamín García Diéguez, o Largo, e Ramón Sánchez, Areán.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de atraco, na causa 812/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 22/12/1938.
Neste proceso condenaron a 16 anos de cadea a José Benito Rodríguez; a 12 anos e un día a: Emilia Cadahía Montes, Manuel González García, Evaristo López Caseiro e Claudina Rodríguez Fernández; declararon fuxidos a: Ricardo Areán Sánchez, Benjamín Argiz Fiunte, Salvador Gil Moure, Jesús López Suárez e Victorino Quintana Vázquez; ditaron sentenza de absolución para Francisco Blanco Caseiro. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Manuel Gil Moure, Estrella Lamas González, Claudio Rodríguez Castro, Hilda Rodríguez Fernández, Salvador Valcárcel Montenegro e Manuel Vázquez López.
O día 11/04/1939 o seu grupo asaltou un ómnibus da empresa Montaña, que facía o percorrido Lugo-Ourense, e no que viaxaba un sarxento do Exército que se enfrontou aos guerrilleiros.
Os asaltantes lograron fuxir e o sarxento deu aviso a Lugo, de onde saíron forzas do Exército e da Garda Civil. Localizaron aos guerrilleiros antifranquistas en Adá, onde houbo un enfrontamento no que morreron Salvador e outros dous guerrilleiros por mor de disparos.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo por atraco e roubo a man armada, na causa 23/39, co resultado de sentenza de sobresemento definitivo segundo resolución do día 17/06/1939.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, auxilio á rebelión e atraco, na causa 930/39, co resultado de sobresemento definitivo por falecemento anterior. Acumulada á causa 812/38.
Neste xuízo o tribunal condenou á pena de 15 anos a José Costa Clavell; penas de 12 anos e un día para: María Montes Caseiro e Manuel Silva Calviño; autos de sobresemento para: Eladia Diéguez N. e Salvador Valcárcel Montenegro (este por falecemento anterior). Tamén procesaron a: Benjamín Argiz Fiunte, Emilia Cadahía Montes, Darío Calvo Paz, Salvador Gil Moure, Victorino Quintana Vázquez, Claudina Rodríguez Fernández, Hilda Rodríguez Fernández e José-Benito Rodríguez López.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.