← Volver atrás

Rodríguez Fernández, Hilda

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Cuba
- 01/01/1922 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Traballo na casa, 14 anos. Solteira. Veciña de Pontevedra.

Encarcerada.

Ingresada no depósito de Chantada (Lugo) o día 16/12/1939 e trasladada á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgada en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión na causa 812/38.

Neste proceso condenaron a 16 anos de cadea a José Benito Rodríguez; a 12 anos e un día a: Emilia Cadahía Montes, Manuel González García, Evaristo López Caseiro e Claudina Rodríguez Fernández; declararon fuxidos a: Ricardo Areán Sánchez, Benjamín Argiz Fiunte, Salvador Gil Moure, Jesús López Suárez e Victorino Quintana Vázquez; ditaron sentenza de absolución para Francisco Blanco Caseiro. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Manuel Gil Moure, Estrella Lamas González, Claudio Rodríguez Castro, Hilda Rodríguez Fernández, Salvador Valcárcel Montenegro e Manuel Vázquez López.

Xulgada en consello de guerra en Lugo polos delitos de rebelión militar, auxilio á rebelión e atraco, na causa 930/39. Acumulada á causa 812/38.

Neste xuízo o tribunal condenou á pena de 15 anos a José Costa Clavell; penas de 12 anos e un día para: María Montes Caseiro e Manuel Silva Calviño; autos de sobresemento para: Eladia Diéguez N. e Salvador Valcárcel Montenegro (este por falecemento anterior). Tamén procesaron a: Benjamín Argiz Fiunte, Emilia Cadahía Montes, Darío Calvo Paz, Salvador Gil Moure, Victorino Quintana Vázquez, Claudina Rodríguez Fernández, Hilda Rodríguez Fernández e José-Benito Rodríguez López.

Deixárona en liberdade o día 19/05/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha