Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 18 anos. Veciño de Santa María de Arcos, Chantada. Irmán de Estrella Argiz Fiunte, encarcerada.
Fuxido. Executado.
Mobilizado polos militares golpistas, desertou do 353º Batallón.
Despois do golpe dos militares rebeldes formou parte dunha partida de fuxidos. Salvador Valcárcel Montenegro liderou un grupo guerrilleiro activo no suroeste de Lugo, principalmente no concello de Chantada. Neste grupo figuraban tamén: Benjamín Argiz Fiunte; Jesús López Suárez, Gazapo; Benito Montes Otero e Victorino Quintana Vázquez.
Participou no asalto ao Banco Pastor en Chantada.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 812/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra veciños de Chantada, Taboada e O Saviñao.
Neste proceso condenaron a 16 anos de cadea a José Benito Rodríguez; a 12 anos e un día a: Emilia Cadahía Montes, Manuel González García, Evaristo López Caseiro e Claudina Rodríguez Fernández; declararon fuxidos a: Ricardo Areán Sánchez, Benjamín Argiz Fiunte, Salvador Gil Moure, Jesús López Suárez e Victorino Quintana Vázquez; ditaron sentenza de absolución para Francisco Blanco Caseiro. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Manuel Gil Moure, Estrella Lamas González, Claudio Rodríguez Castro, Hilda Rodríguez Fernández, Salvador Valcárcel Montenegro e Manuel Vázquez López.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, auxilio á rebelión e atraco, na causa 930/39. Causa acumulada á 812/38.
Neste xuízo o tribunal condenou á pena de 15 anos a José Costa Clavell; penas de 12 anos e un día para: María Montes Caseiro e Manuel Silva Calviño; autos de sobresemento para: Eladia Diéguez N. e Salvador Valcárcel Montenegro (este por falecemento anterior). Tamén procesaron a: Benjamín Argiz Fiunte, Emilia Cadahía Montes, Darío Calvo Paz, Salvador Gil Moure, Victorino Quintana Vázquez, Claudina Rodríguez Fernández, Hilda Rodríguez Fernández e José-Benito Rodríguez López.
Prendérono en Chantada o día 17/12/1939 e asasinárono no depósito desa localidade luguesa.
Morte rexistrada ás 08:00 h no cárcere de Chantada por mor de disparos de arma de fogo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.