Nacemento:
Morte:
Labrego, 20 anos. Veciño de Santa María de Arcos, Chantada.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Despois do alzamento sedicioso foxe ao monte e formou parte do grupo guerrilleiro que dirixía Salvador Valcárcel Montenegro e que actuaban sobre todo no concello de Chantada.
Participou no asalto á sucursal do Banco Pastor en Chantada e o grupo desfíxose despois da morte nun enfrontamento coa Garda Civil de Salvador e dous compañeiros en Santa Baia de Adá, Chantada, o día 11/04/1939.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 812/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 14/05/1940. Proceso contra veciños de Chantada, Taboada e O Saviñao.
Neste proceso condenaron a 16 anos de cadea a José Benito Rodríguez; a 12 anos e un día a: Emilia Cadahía Montes, Manuel González García, Evaristo López Caseiro e Claudina Rodríguez Fernández; declararon fuxidos a: Ricardo Areán Sánchez, Benjamín Argiz Fiunte, Salvador Gil Moure, Jesús López Suárez e Victorino Quintana Vázquez; ditaron sentenza de absolución para Francisco Blanco Caseiro. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Manuel Gil Moure, Estrella Lamas González, Claudio Rodríguez Castro, Hilda Rodríguez Fernández, Salvador Valcárcel Montenegro e Manuel Vázquez López.
Xulgalo no Tribunal Militar Territorial de Lugo polo delito de rebelión militar, auxilio á rebelión e atraco, na causa 930/39, que se acumulou á 812/38.
Neste xuízo o tribunal condenou á pena de 15 anos a José Costa Clavell; penas de 12 anos e un día para: María Montes Caseiro e Manuel Silva Calviño; autos de sobresemento para: Eladia Diéguez N. e Salvador Valcárcel Montenegro (este por falecemento anterior). Tamén procesaron a: Benjamín Argiz Fiunte, Emilia Cadahía Montes, Darío Calvo Paz, Salvador Gil Moure, Victorino Quintana Vázquez, Claudina Rodríguez Fernández, Hilda Rodríguez Fernández e José-Benito Rodríguez López.
Morte rexistrada ás 07:00 h en Vilelos por mor dunha hemorraxia cerebral producida por lesións por disparos de arma de fogo.
O seu cadáver apareceu en Vilelos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.