Nacemento:
Morte:
Labrego, 21 anos. Veciño de Barbeitos.
Fuxido. Executado.
Durante a guerra civil desertou do Terzo e escapou ao monte para que non o mobilizaran.
Formou un grupo de fuxidos nada máis comezar a guerra civil, que actuaba na zona da Serra do Faro, entre Rodeiro e Lalín, con Ramón Sánchez, Areán, desertor da Armada.
Mantiñan contactos co grupo de Salvador Valcárcel Montenegro, Recarei. Adicábanse a dar pequenos golpes para sobrevivir, ata que se viron implicados en varias mortes.
A Garda Civil intensificou as súas actuacións para capturalos; preméronos detendo aos pais de Benjamín e a muller e a filla de Ramón, aos que soltaron diante da inutilidade do intento.
Ferido nunha perna e apresado nun enfrontamento coa Garda Civil o día 05/11/1939 na Ponte, San Xiao de Pedroso, Rodeiro, onde morre o sarxento da Garda Civil José García Docampo. Os seus compañeiros Ramón Sánchez, Areán, e Salvador Gil Moure, o Carolo, lograron fuxir. Ramón morrería dous anos despois e Salvador, que fuxira ferido, tamén caeu uns anos máis tarde.
Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de asasinato e atraco a man armada, na causa 249/39, co resultado de sentenza á pena de morte.
Executado en Vigo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.