← Volver atrás

Sánchez, Ramón

Alcume: Areán
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Areán, San Cristovo do Az, Rodeiro
(Pontevedra)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
(Ourense)
- 14/04/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 24 anos. Casado con Josefa Villanueva.

Fuxido. Executado.

Ocultouse polos montes de Rodeiro diante do temor ás represalias polas súas actuacións durante o Goberno republicano.

Uniuse a Benjamín García Diéguez, o Largo, e tiñan contactos cos grupos de Salvador Valcárcel Montenegro, Recarei, da zona da serra do Faro e Chantada, que se adicaban a pequenos atracos para sobrevivir.

Despois de que o grupo se vira implicado en varias mortes, a Garda Civil intensificou unha campaña para prendelos, detendo á súa dona Josefa e a súa filla Agripina, de dous anos, así como aos pais de Benjamín. Diante da ineficacia desta acción, puxéronos en liberdade.

Ao Largo ferírono e capturárono nun enfrontamento coa Garda Civil, o día 05/11/1939, en Ponte-Pedroso, Rodeiro (Pontevedra); os seus compañeiros Ramón Sánchez, Areán, e Salvador Gil Moure, o Carolo, lograron fuxir e pasaron á zona da Raia Seca portuguesa, onde se adicaron ao contrabando. Ramón morrería dous anos despois e a Salvador, que fuxira ferido, tamén o eliminaron tempo andado.

Areán marchou de Rodeiro e refuxiouse na fronteira portuguesa, onde se adicou ao contrabando. Detivérono en setembro de 1940 en Pazos, Santiago de Cadós, Bande (Ourense).

Xulgado en consello de guerra en Ourense co resultado de sentenza á pena de morte.

Executado en Ourense.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha