Nacemento:
Morte:
Traballo na casa, 18 anos. Casada co chofer José Rilo Garabal, o Machacante; tiñan un fillo e unha filla: Luis e Olga. Veciños da rúa Ribeira, 71, en Betanzos.
Procesada.
A Felicidad detivérona os franquistas polos sucesos do asalto á casa do crego Eliseo Barros do día 19 de xullo para requisarlle as armas que tiña. Acusárona de levar posta roupa que lle entregaría un dos asaltantes.
O seu home finou paseado en Curtis (A Coruña) o día 15/08/1936 e a súa morte rexistrouse nesta localidade por mor dunha hemorraxia. O seu cadáver apareceu en Curtis.
Xulgada en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 1018/36, co resultado de sentenza de absolución e posta á disposición da autoridade gobernativa.
No dito xuízo condenaron a cadea perpetua a Carmen Romay Cortés; pena de 15 anos para José-Manuel Vidal Lagares; tamén procesaron a Felicidad Rodríguez Medín e declararon fuxido a Pedro Rey Bermúdez.
Ingresárona na cadea cos seus fillos e absolvérona en sentenza ditada o 03/12/1936.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.