← Volver atrás

Rilo Garabal, José

Alcume: o Machacante
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Betanzos
(A Coruña)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Naveira, Curtis
(A Coruña)
- 15/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chofer, 24 anos. Casado con Felicidad Rodríguez Medín, a Patusa, de 18 anos; tiñan un fillo e unha filla: Luis e Olga. Veciños da rúa Ribeira, 71 en Betanzos. Traballou como chofer e taxista.

Militante do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT.

Paseado.

Morte rexistrada en Curtis a causa de hemorraxia. O seu cadáver apareceu en Curtis.

Paseado polos falanxistas xunto con Manuel Vales Fernández, tamén de Betanzos, do mesmo sindicato. Asasinados na estrada Curtis-Sobrado dos Monxes. Todo sinala que os seus corpos atopáronse cando xa levaban varios días mortos.

Morte rexistrada en Curtis a causa dunha hemorraxia.

Segundo os traballos de Erias Martínez, na noite do día 29/07/1936, cando quixeron pasear a José-María Novo Rodríguez, buscaron o taxi de José Rilo para levalos e, como a súa dona era parente de Novo, José Rilo nun principio negouse a facer o servizo; non lle quedou máis remedio que acabar por facelo e esta primeira negativa custaríalle logo a vida, xa que o executaron con Novo. Isto non concorda nin co folleto Betanzos honra a sus mártires nin coa acta da súa defunción. A morte prodúcese efectivamente o día 15/08/1936.

Soterráronos no cemiterio de Santaia de Curtis.

Á súa dona detivérona e procesárona, na causa 1018/36, polos sucesos do asalto á casa do crego Eliseo Barros do día 19 de xullo para requisarlle as armas que tiña. A Felicidad acusárona de levar roupa que lle entregaría un dos asaltantes; ingresárona na cadea cos seus fillos e absolvérona en sentenza ditada o 03/12/1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha