Nacemento:
Morte:
Camareiro, 31 anos. Casado con Esperanza Seoane García, de 20 anos; tiñan un fillo: Manuel. Veciños da rúa Quiroga, 17-2º, en Betanzos. Estivo emigrado na Habana (Cuba). Vendedor e correspondente de prensa obreira e anarquista en Betanzos.
Afiliado ao Sindicato de Profesións Varias de Betanzos, da CNT.
No desenvolvemento da folga xeral de maio de 1933, prendérono con outros compañeiros e pasou varios días na cadea.
En relación con estes feitos o alcalde accidental de Betanzos, Vicente López Mancera, asinou un informe para o Gobernador Civil que era un auténtico parte policial vexatorio e que di moi pouco dunha persoa presuntamente progresista.
O informe, escrito a máquina e cheo de erros e faltas de ortografía, di entre outras cousas: que Manuel naceu o 01/06/1905 en Betanzos, que sempre se distinguiu polas súas ideas avanzadas, que na última folga distinguiuse como organizador, que levaba un pano cos colores anarquistas, que na folga do día 9 subiuse nunha camioneta para alporizar aos veciños de Oza, que proclamou as ideas comunistas, que vende xornais avanzados e que serve á CNT, que sempre se distingue como un dos principais dirixentes das ideas anarquistas e subversivas, sendo perigoso e perturbador, que non ten profesión nen oficio coñecido aínda que di que é camareiro pero rara vez prestou tal servizo nun quiosco de mala nota, O Tarán, que actualmente vive na compañía dunha muller, Emilia García Amor, que o mantén a conta do seu traballo de vendedora de froita, que cando o detivo a Garda Civil ocupóuselle unha revista comunista e un debuxo feito por el de significado avanzado, que sufrira castigos por escándalo e que fora un dos que sorprendeu a Garda Civil facendo pintadas nas casas de “Leed CNT”. Este informe está asinado o día 19/05/1933.
Paseado.
Morte rexistrada na Naveira, Teixeiro, a causa dunha hemorraxia.
Segundo a acta de defunción o seu cadáver apareceu na Neveira, Curtis.
Asasinado con José Rilo Garabal, o Machacante, que tamén era do mesmo sindicato.
Soterrárono no cemiterio de Santaia, Curtis.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.